Usted está en: Libros / A festa do Entroido

Afestadoentroido

Descargas de muestra:

A festa do Entroido

Federico Cocho

Colección: Porta de Papel
Materias: Galicia
  • Edición en papel Formato: 17 x 24
    Páginas: 96
    Peso: 0.22 Kg
    ISBN: 978-84-15078-34-0
    Año: 2014
    15,00€

Se se puidese falar dun sistema festivo galego, o Entroido ocuparía un lugar central nel. A revitalización das festas populares que se percibe en moitas culturas occidentais contradí os prognósticos sobre a súa desaparición. En Galicia, como noutros lugares e noutras culturas, o Entroido non só non desapareceu, senón que se revitalizou nas últimas décadas.

Neste novo libro Federico Cocho revisa e actualiza os estudos que comezou a publicar hai un cuarto de século sobre a gran festa de festas que é o Carnaval. Amplía a documentación, incorpora as moitas novidades xurdidas nas últimas décadas ao longo de Galicia e analiza o porqué desa revitalización do Entroido, unha festa interclasista con fondas raíces na cultura popular europea.

O libro reúne información recollida nun amplo traballo de campo ao longo dos anos e achega reflexións e análises para explicar o Entroido galego do século XXI. En particular, a través das súas manifestacións máis singulares, aquelas que lle outorgan un perfil propio ás mascaradas galegas, sexa en contextos rurais, sexa en contextos urbanos.

O primeiro capítulo, As raíces, encadra o Entroido no ciclo festivo e percorre os seus antecedentes históricos romanos e medievais, sen eludir un achegamento ao debate sobre ás súas imprecisas orixes. Polo segundo capítulo, As máscaras, desfilan pantallas, peliqueiros, felos, volantes, boteiros, madamas e toda clase de choqueiros, elementos característicos das mascaradas rurais e símbolos actuais de identidade festiva local.

O capítulo terceiro, As comitivas, salienta o papel do Entroido como elemento de cohesión local (veciñal, parroquial) e, ao tempo, como vehículo para o intercambio e a relación social con outras comunidades, como evidencian as comitivas de xenerais e correos do val do Ulla ou os folións da zona oriental da provincia de Ourense, por citar dous exemplos.

O Carnaval é tamén tempo de xogos e doutros divertimentos, bromas e actividades lúdicas, específicas ou non desta época do ano. A elas dedícaselles o capítulo cuarto, Os xogos. O último capítulo, Símbolos e sátiras, céntrase nas representacións ou personificacións do Entroido como tempo acoutado para o reinado da burla e da broma, así como nas formas de canalizar a sátira e a crítica sociais. Un tempo especial de inversión de valores. O mundo do revés. Unha festa antiga que entra fortalecida e renovada no novo milenio.

Federico Cocho de Juan (Xinzo de Limia, 1958) Licenciado en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid e DEA en Socioloxía pola da Coruña, desenvolve actualmente o seu labor profesional na reitoría da Universidade da Coruña. Traballou para medios galegos e cataláns como reporteiro e informador político, así como en gabinetes de comunicación institucionais, e promoveu e dirixiu a revista de pensamento político e social Criterios. Nos últimos anos colabora como analista político na Radio Galega.

É autor de varios libros que teñen sempre como eixe central a cultura e a historia de Galicia. Entre eles inclúense O Carnaval en Galicia (1990 e 2008) e O Entroido galego (2001), ademais de numerosos artigos sobre a gran festa das máscaras en revistas e obras colectivas.

Asinou tamén Guía práctica de Galicia (1996), Cara a cara. Las elecciones generales de 1993, este último en colaboración con Luís Villamor, e Carlos Reigosa, paixón por saber e arte de contar, neste caso con íngel Basanta e León T. Vivanco. En 2011 publicou Guerra civil. Que pasou en Galicia e en España, unha síntese divulgativa sobre a traxedia de 1936 contada desde unha óptica galega.