Usted está en: Libros / Do idilio á diáspora. Modernidade e compromiso na pintura galega de Castelao a Seoane

Doidilio

Descargas de muestra:

Do idilio á diáspora. Modernidade e compromiso na pintura galega de Castelao a Seoane

Carlos López Bernárdez

Colección: Bretema
Materias: Arte, Galicia
  • Edición en papel Formato: 17 x 24
    Páginas: 184
    Peso: 0.52 Kg
    ISBN: 978-84-15078-26-5
    Año: 2012
    25,00€

Esta obra é un percorrido polo camiño seguido pola pintura galega desde os primeiros anos do século XX até os anos cincuenta, desde o costumismo rexionalista, de influxo modernista e simbolista, até o desenvolvemento pleno do movemento renovador da arte galega coñecido como Os Novos.

Este vieiro amósasenos definido por tres esteos fundamentais: a procura dun ideal, en que se insire a propia definición e creación dunha escola de pintura galega, diferenciada da española; a asunción dunha estética nacional e o seu desenvolvemento no período inmediatamente anterior á guerra civil; e a difícil continuidade no exilio americano e interior coa superación do modelo de base romántica que serviu de alicerce para a creación dunha arte nacional, sen renunciar aos valores sociais e identitarios.

Carlos López Bernárdez (Vigo, 1958) é historiador de arte e profesor de lingua e literatura galegas. Ensaísta de temas literarios e artísticos, é autor de libros como Breve historia da arte galega (NigraTrea, 2005); Maruja Mallo, a pintora da nova muller (NigraTrea, 2010) ou Bestiario en pedra. Animais fantásticos na arte medieval galega (NigraTrea, 2004), este ultimo realizado en colaboración con Xosé Ramón Mariño Ferro.

Como comisario de exposicións levou a cabo proxectos como Diáspora, Dez artistas galegos no exilio latinoamericano (marco-Fundación Luís Seoane, 2005, Vigo e A Coruña); De Vigo a Bos Aires. Laxeiro e a pintura galega de posguerra (Fundación Lexeiro-Parlamento de Galicia, 2008, Vigo e Santiago de Compostela); Quiñones de León. Unha nova pinacoteca para Galicia (Museo da cidade Quiñones de León, 2010, Vigo); O fermoso rostro do pais (Pinacoteca Fernández del Riego, Museo Quiñones de León, Vigo) ou Faces do país. O retrato en Galicia, 1890-1950 (Fundación Novacaixagalicia, 2011, Santiago de Compostela e Pontevedra).