Camiño Noia Campos

Cami­ño Noia Cam­pos é cate­drá­ti­ca emé­ri­ta da Uni­ver­si­da­de de Vigo. A súa inves­ti­ga­ción está cen­tra­da en varias liñas de tra­ba­llo, todas coa lin­gua gale­ga como ele­men­to de cohe­sión social e como ins­tru­men­to de crea­ción lite­ra­ria. Nos últi­mos anos dedi­cou­se á reco­lla e cla­si­fi­ca­ción da narra­ti­va tra­di­cio­nal gale­ga. Nese ámbi­to ten publi­ca­dos ducias de arti­gos e libros como Con­tos gale­gos de tra­di­ción oral (2002), Catá­lo­go tipo­ló­xi­co do con­to gale­go de tra­di­ción oral (2010), Cata­lo­gue of Gali­cian Folk­ta­les (2021) e O con­to de tra­di­ción oral (2024).  Ade­mais da súa inves­ti­ga­ción sobre a narra­ti­va oral gale­ga, publi­cou dis­tin­tos tra­ba­llos sobre a lite­ra­tu­ra de auto­ría femi­ni­na. En 1981, coa reedi­ción da nove­la Néve­da, recu­pe­ra a Fran­cis­ca Herre­ra para a lite­ra­tu­ra gale­ga como a pri­mei­ra narra­do­ra do sécu­lo XX. En 1987, ano en que se lle outor­ga as Letras Gale­gas á escri­to­ra coru­ñe­sa, edi­ta a ter­cei­ra edi­ción de Néve­da cunha ampla intro­du­ción e pre­pa­ra unha anto­lo­xía da súa obra galega.