Francisca Herrera y Garrido

Fran­cis­ca Herre­ra y Garri­do (A Coru­ña 1869–1950), a filla menor dunha fami­lia da bur­gue­sía aco­mo­da­da da Coru­ña, foi unha escri­to­ra román­ti­ca en gale­go e cas­te­lán. Lec­to­ra de Rosa­lía de Cas­tro des­de os doce anos, admi­rou­na duran­te toda a vida. 
Os seus pri­mei­ros libros son de poe­sía. A par­tir de 1916 con­ti­núa publi­can­do com­po­si­cións poé­ti­cas en revis­tas e xor­nais gale­gos e da emi­gra­ción. E no ano 1920 publi­ca a súa pri­mei­ra nove­la en gale­go, Néve­da, a pri­mei­ra escri­ta por unha muller, moi valo­ra­da por Mur­guía e Vicen­te Ris­co. En 1922 saca a nove­la cur­ta A y‑alma de Min­gos na Edi­to­rial Cél­ti­ga de Ferrol e Pepi­ña, a pri­mei­ra nove­la en cas­te­lán. En 1925 publi­ca a nove­la cur­ta Mar­tes d’antroido na Edi­to­rial Lar da Coru­ña e a estas obras de narra­ti­va enga­de a publi­ca­ción de Repro­ba en 1926 e Fami­lia de lobos en 1928. 
A Real Aca­de­mia Gale­ga o 4 de mar­zo de 1945 comu­ni­cou­lle ofi­cial­men­te que fora desig­na­da mem­bro nume­ra­rio para ocu­par a cadei­ra 037, que a con­ver­te­ría na pri­mei­ra muller cha­ma­da a ingre­sar na devan­di­ta ins­ti­tu­ción. Vici­si­tu­des buro­crá­ti­cas pro­pias daque­la épo­ca impe­di­ron que lese o seu pre­cep­ti­vo dis­cur­so de ingre­so antes da súa mor­te. No ano 1987, dedi­cóu­se­lle a ela o Día das Letras Galegas.