Roque Sanfiz Arias é licenciado en Historia (USC) e Máster en Historia Contemporánea (UAB). Actual- mente realiza a súa tese de doutoramento como investigador FPI no grupo HISTAGRA da Universidade de Santiago de Compostela. A súa investigación céntrase nos diferentes modelos de innovación que se desenvolveron na agricultura galega no século XX. Publicou sobre outros aspectos da historia social da Galicia contemporánea, particularmente sobre espazos de interacción social como o deporte.
