Xosé Manuel González Reboredo (Lugo, 1946). Etnógrafo e profesor retirado. Na actualidade é coordinador do Instituto de Estudos das Identidades do Museo do Pobo Galego, correspondente da Real Academia Galega, do Consello de Cultura da Exma. Deputación Provincial de Lugo e do consello editorial do Proxecto Galicia (Hércules de Ediciones). Con anterioridade foi director da Sección de Etnografía do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e membro da Sección de Antropoloxía Cultural do Consello da Cultura Galega. Organizou, e participou, en máis de vinte congresos de antropoloxía e leva publicado máis de 150 artigos e libros de temántica antropolóxica. É couator do Dicionario de etnografía e antropoloxía de Galiza (Edicions Nigratrea, 2011)