Xosé Ramón Mariño Ferro é profesor titular de antropoloxía cultural na Universidade de Santiago. Nas súas obras descóbrese unha cultura popular que nada ten que ver cos tópicos, pois mostra a funcionalidade non só da cultura material senón tamén dos costumes e mesmo das crenzas que normalmente son tomados por supersticións. Ten publicados máis de vinte libros sobre bruxería, medicina popular, as romarías, o Entroido, os contos marabillosos e o simbolismo animal. En 2008 obtivo o premio íngel Carril de Antropoloxía polo traballo titulado Os amores do cervo. É coautor do Dicionario de etnografía e antropoloxía de Galiza (Edicions Nigratrea, 2011).