Ediciones Trea - 978-84-09-64397-4 - Francisca Herrera y Garrido. Obra en Galego - Camiño Noia Campos
Colección:
Formato: 16 x 24 cm.
Páginas: 1008
Año: 2024
ISBN: 978–84-09–64397‑4

Francisca Herrera y Garrido. Obra en galego

Edición de Camiño Noia Campos

35,00

Fran­cis­ca Herre­ra y Garri­do (A Coru­ña 1869–1950), a filla menor dunha fami­lia da bur­gue­sía aco­mo­da­da da Coru­ña, foi unha escri­to­ra román­ti­ca en gale­go e cas­te­lán. Lec­to­ra de Rosa­lía de Cas­tro des­de os doce anos, admi­rou­na duran­te toda a vida. 
Os seus pri­mei­ros libros son de poe­sía. A par­tir de 1916 con­ti­núa publi­can­do com­po­si­cións poé­ti­cas en revis­tas e xor­nais gale­gos e da emi­gra­ción. E no ano 1920 publi­ca a súa pri­mei­ra nove­la en gale­go, Néve­da, a pri­mei­ra escri­ta por unha muller, moi valo­ra­da por Mur­guía e Vicen­te Ris­co. En 1922 saca a nove­la cur­ta A y‑alma de Min­gos na Edi­to­rial Cél­ti­ga de Ferrol e Pepi­ña, a pri­mei­ra nove­la en cas­te­lán. En 1925 publi­ca a nove­la cur­ta Mar­tes d’antroido na Edi­to­rial Lar da Coru­ña e a estas obras de narra­ti­va enga­de a publi­ca­ción de Repro­ba en 1926 e Fami­lia de lobos en 1928. 
O esfor­zo admi­ra­ble de escri­bir en gale­go no pri­mei­ro ter­zo do sécu­lo XX só se afron­ta cun fon­do con­ven­ce­men­to do que se fai. 
«Ó meu dis­tin­to, ver­da­dei­ro ami­go: inda mais: o meu bon hir­mán spritual: 
[…] Gali­za, este meu amo­ri­ño da terra… (estou a esquir­bir en “común”) e da sua fala, san­ta­men­te doce, namo­rei­ra: sutil […] Esquír­bo­lle n‑a miña lén­goa nati­va, por enter­der mais gus­to­so iste troque […]
 ¡Ah, meu bon irmán! Iste meu cura­zón gale­go non abro­cha­rá xamais en froi­tos cas­te­lans! Pen­so en gale­go, inda esquir­bin­do en cual­quer outra lén­goa! As miñas con­ceu­ciós; a miña y‑alma! fei­tas istán co-ista bene­de­ci­da terra […]
Sem­pre sua ver­da­dei­ra ami­ga, que sau­dao agarimosamente»
Fran­cis­ca Herre­ra y Garrido
A Real Aca­de­mia Gale­ga o 4 de mar­zo de 1945 comu­ni­cou­lle ofi­cial­men­te que fora desig­na­da mem­bro nume­ra­rio para ocu­par a cadei­ra 037, que a con­ver­te­ría na pri­mei­ra muller cha­ma­da a ingre­sar na devan­di­ta ins­ti­tu­ción. Vici­si­tu­des buro­crá­ti­cas pro­pias daque­la épo­ca impe­di­ron que lese o seu pre­cep­ti­vo dis­cur­so de ingre­so antes da súa mor­te. No ano 1987, dedi­cóu­se­lle a ela o Día das Letras Galegas.
Com­par­tir