Ediciones Trea - 979-13-88179-36-5- Sonenses en America - Jose Manuel Vazquez Lijo - Raul Soutelo Vazquez
Colección:
Formato: 21 x 15 cm.
Páginas: 424
Año: 2026
ISBN: 979-13-88179-36-5

Sonenses en América e «Americanos» en Porto do Son

Séculos XIX e XX

30,00

Este libro que o públi­co lei­tor ten nas súas mans é, de ater­mos ao modes­to títu­lo, unha his­to­ria da emi­gra­ción dos e das sonen­ses nas Amé­ri­cas e nou­tras lati­tu­des, cun acen­to espe­cial na épo­ca da emi­gra­ción trans­oceá­ni­ca masi­va (1850–1930), mais tamén cunha olla­da aten­ta ás migra­cións da pos­gue­rra euro­pea (1946 en dian­te), e sen dei­xar de con­si­de­rar os seus efec­tos e pega­das na actua­li­da­de. No entan­to, o libro que José M. Váz­quez Lijó e Raúl Sou­te­lo Váz­quez nos ofre­cen é moi­to máis que unha his­to­ria local ou comar­cal. De entra­da, os auto­res xogan de manei­ra fle­xí­bel e ás veces crea­ti­va coa demar­ca­ción xeo­grá­fi­ca que estu­dan: pode­ría­se con­cluír que en reali­da­de estu­dan as migra­cións bar­ban­zás nas Amé­ri­cas, aín­da que cunha énfa­se espe­cial no con­ce­llo de Por­to do Son, ao que ambos os dous están liga­dos. Fan unha his­to­ria total do fei­to migra­to­rio, enten­dén­doo como un momen­to á manei­ra do soció­lo­go nor­te­ame­ri­cano Robert Mer­ton: can­do a xen­te se des­pra­za e esta­ble­ce ven­ce­llos den­de a dis­tan­cia é can­do mellor pode­mos enxer­gar, como obser­va­do­res, as mudan­zas sociais de manei­ra diacrónica.

Com­par­tir